08/01/18

Segundo trimestre

Empeza o novo trimestre. Estes son os grupos que realizaremos, coa posible incorporación do grupo de adestramento dos mércores sempre que teñamos xente interesada:

GRUPO SENIOR: Mércores de 18,30 a 19,30 na Normal.
Grupo de iniciación pensado para asistentes da Universidade Senior pero pode participar calquera.
A categoría senior no xadrez é a partir dos 55 anos.

GRUPO ADESTRAMENTO: Mércores de 20,30 a 21,30 na Normal.
Grupo especialmente indicado para os participantes na Liga federada, que se desenvolve de xaneiro a abril. No caso de que houbese xente para facer este grupo, entre 19,30 e 20,30 realizaríamos un torneo semanal de rápidas.

GRUPO INICIACION INFANTIL: Xoves de 16,00 a 17,00 na Normal
Grupo de iniciación pensado para alumnos co Colexio de Prácticas, pero pode participar calquera de categoría sub14 ou inferior.

GRUPO BENXAMIN: Venres de 16,30 a 17,30 no CUR
Grupo para alumnos de categoría benxamin con experiencia.
Este trimestre será intenso xa que haberá os Xogos Escolares (venres de 18,00 a 20,00), a Liga (sábados de 17,00 a 18,00 aproximadamente) e Torneo Escolar da Xunta (a proba importante é que normalmente é o primeiro e segundo domingo de marzo).

GRUPO REGULAMENTO: Venres de 20,30 a 21,30 no CUR
Grupo para árbitros e monitores coa inteción de prepararse para o título da Federación.

GRUPO INFANTIL: Sábados de 12,00 a 13,00 no CUR
Grupo para alumnos de categoría infantil con experiencia.
Como no caso do grupo benxamin, este trimestre será intenso xa que haberá os Xogos Escolares (venres de 18,00 a 20,00), a Liga (sábados de 17,00 a 18,00 aproximadamente) e Torneo Escolar da Xunta (a proba importante é que normalmente é o primeiro e segundo domingo de marzo).

O formulario de inscrición é so para aqueles que se apuntan novos ou queren anotarse noutra actividade.

Cota da actividade: 30 euros ao trimestre (mais 10 euros de matrícula para novos alumnos non federados)

FORMULARIO