19/04/15

Torneos no fin de semana

O Club de Iniciativas Deportivas Universitarias (CIDU) celebra este fin de semana un maratón de actividades. Neste 2015 aproveitamos a coincidencia co CXXV Aniversario do Sporting Club
Casino, entidade que ven apoiando as actividades do CIDU dende hai varios anos e coa recuperación do seu equipo de xadrez.

Esta acción conxunta permítenos facer tres torneos en tres días agardando que a iniciativa conte de novo co apoio dos xadrecistas.

VENRES 24 DE ABRIL - TORNEO ANIVERSARIO DO CIDU

Torneo De partidas a cinco minutos en sistema suízo. Cota: 1 euro.
Gratuíto para socios do Casino.

HORARIO:
20:30 – 20:45 – 21:00 – 21:15 – 21:30

PREMIOS:
1º Clasificado: Trofeo
2º Clasificado: Trofeo
3º Clasificado: Trofeo

SÁBADO 25 DE ABRIL - TORNEO SENIOR ANIVERSARIO CASINO

Torneo de partidas a vinte e cinco minutos en sistema suízo. Cota: 3 euros.
Gratuíto para socios do Casino.

HORARIO:
16:30 – 17:30 – 18:30 – 19:30 – 20:30

PREMIOS:
1º Clasificado Absoluto: Trofeo + 40 euros
2º Clasificado Absoluto: Trofeo + 30 euros
3º Clasificado Absoluto: Trofeo + 20 euros
4º Clasificado Absoluto: 10 euros

DOMINGO 26 DE ABRIL - TORNEO ESCOLAR ANIVERSARIO CASINO

Escolar en catro categorías: sub14, sub12, sub10 e sub8. Aproximadamente vinte minutos de tempo por cada xogador. Cota: 3 euros.
Gratuíto para socios do Casino.

HORARIO:
12:00 – 12:45 – 13:30 – 17:00 – 17:45 – 18:30

PREMIOS:
Trofeos para os tres primeiros de cada categoría.
Medalla para todos os xogadores.

PREVIAMENTE AO INICIO DO MARATÓN HAI PREVISTO UN TORNEO ESCOLAR NA PRAZA DE MARÍA PITA O VENRES 24 DE 18,00 A 20,00.