05/03/13

Un lustro de vida da nosa web

O día 5 de marzo de 2008 estreabase este espazo web cunha nova do Campionato Universitario de partidas rápidas: XVI Torneo Universitario de Rápidas Universidade da Coruña

A proba desenvolverase na Facultade de Económicas, na planta baixa e poucos días antes do evento que motivara a creación deste espazo; o I Campionato Galego Universitario que tivo lugar na nosa cidade poucos días despois.

Nestes cinco anos a web estivo presente case todas as semanas e as visitas eran sobre trescentas ao mes, o que xa estaba ben para o que pretendíamos. Pero dende a celebración por parte do noso Club da Copa Galicia, en novembro de 2012 as visitas se triplicaron e tras superar as 1000, están agora case en 900, con xente que busca nos arquvos e nas fotos e non só na actualidade.

A entrada mais visitada é a clasificación individual do Campionato de España de 2010, seguramente pola dificultade de atopar ás veces esas clasificacións noutras webs en España.

O nome escollido no seu día parece tamén ser clave, porque moitos entran tras buscar xadrez e universidade e/ou universitario. Outros entran buscando nomes de xogadores e curiosamente o primeiro na lista é un xogador que entrou nas actividades neste último curso. 

Lembramos a todos que esta semana remata o prazo para apuntarse no Campionato Galego Universitario que vai celebrarse o día 14 na Escola de Maxisterio no Campus de Elviña.