29/02/12

Datas dos Torneos Univeristarios

Aínda que este ano coa crise o CSD decidiu suprimir o Campionato de España e convertilo en bienal, a Universidade seguirá a facer os seus tradicionais torneos de lentas, semirrápidas e rápidas.

Antes deles, temos o Campionato Galego nas dúas modalidades de con ELO e sen ELO.

CAMPIONATO GALEGO DE XADREZ
Vigo, 13 de marzo
Dende 10,40 a 19,40
Os interesados deben comunicalo ao cordinador da sección antes do día 8 de marzo para ver como se organiza a expedición.

XXII TORNEO UNIVERSITARIO
18 e 25 de abril e 2, 9 e 16 de maio

XX TORNEO UNIVERSITARIO DE SEMIRRAPIDAS
21 e 28 de marzo

XX TORNEO UNIVERSITARIO DE RAPIDAS
30 de maio

Os tres torneos da Universidade da Coruña empezarán ás 19,30 horas e terán lugar no Pavillón Deportivo no Campus de Elviña