02/08/11

AGOSTO EN CAMBRE 2011

Para o vindeiro sábado día 6 de agosto,a recomendación é ir ao Torneo "Agosto en Cambre"
BASES:
1ª O X Torneo Xadrez "Agosto en Cambre" celébrase na Polideportiva de Cambre o sábado 6 de agosto do 2011.
2ª Xogarase por sistema suízo a 7 roldas Ritmo de xogo 20 minutos por xogador finish.
3ª O Torneo comezará coa presentación dos xogadores as 10.30 da mañá e rematará coa entrega de premios ás 20.00.
4ª A organización reservase o dereito de eliminar a todo xogador que non se presente unha das roldas.
5ª O emparellamento realizarase por sistema informático contra o o cal non haberá reclamacións.
6ª Será o árbitro quen decida a colocación dos reloxos.
7ª A orde de aplicación dos sistemas de desempate sortearase ao rematar o torneo.
8ª Os premios non son acumulables, sempre será entregado o de maior cuantia. (A entrega farase por tranferencia bancaria).
9ª Todo o non especificado nestas bases rexirásese polas normas e regulamentos da Federacion Internacional de Xadrez
(FIDE).
10ª A participación neste torneo supón a aceptación das bases.
HORARIO:
10:30 Presentación de xogadores
1ª Rolda: 10.45
2ª Rolda: 11.45
3ª Rolda: 12.40
4ª Rolda: 16.15
5ª Rolda: 17.05
6ª Rolda: 17.55
7ª Rolda: 18.45
20.00 Entrega de Premios
INSCRIPCIONS:
GRATUITA Xogadores locais e xogadores sub-16
3,00 € Resto de Xogadores.
As inscricións poderanse realizar por e-mail á Escola Xadrez Sigrás