11/05/11

Campionato de España Universitario - 9ª Rolda

Derradeira rolda do torneo, coa xente cons erios problemas para chegar á hora de inicio (10,00), algún (Pablito) esgotando mesmo o periodo de gracia de 15 minutos.
A festa do día anterior seguramente foi a causa de que o rival de Luis Carlos non aparecera, o que lle permitiu salvar o posible record negativo. Jaime na súa liña de xogar finais de xeito creativo foi derrotado o mesmo que Pablo Aboy, que semellaba non ter durmido o axeitado.
Tone logrou duas pezas por torre pronto pero non logrou o punto, quedando en táboas e Pablito pese a súa chegada in extremis á sala logrou unha rápida victoria.
Total de eficacia na xornada: 50%

Pablo Fernandez 6,5
Tone 5,5
Pablo Aboy 4,5
Jaime 3,5
Luis Carlos 3,5