29/06/10

Paliza no Match contra Sigrás

O match denominado "Dominicos-Sigrás", que con diferentes modificacións vimos disputando dende hai aproximadamente vinte anos, viviu o sábado 26 de xuño a súa edición anual, que celebramos no local social de Sigrás.

Ainda que o CIDU apostou por un equipo novo (o 50% era sub14) o resultado foi peor do agardado, xa que dos oito taboleiros en xogo, so se lograron dous puntos.

Por aquelo do nome de Dominicos, tres dos xogadores eran alumnos do colexio e dous mais ex-alumnos.

Diego Cantorna - Alberto Lopez 1-0
Fran Pedreira (sub-18)- Ernesto Perez 0-1
Javier Campelo - Enrique Villodas 1-0
Francisco Garcia - Francisco Conde 0,5-0,5
Marcos Laiño - Ayrton Sardina (sub-14) 0,5-0,5
Diego Martinez - Alejandro Astorga (sub-14) 1-0
Sergio Vilaboa (sub-16)- Pedro Siaba (sub-14) 1-0
Diego Bugliot(sub-12) - Angel Roade (sub-14) 1-0

Total: 6-2