16/06/10

Proxecto de actividades entre cursos

Xuño
Manteremos a actividade dos venres os días 18 e 25.
Ás 19,30 abrimos o local e ás 20,30 realizamos o torneo suizo a 5 roldas.
O 26 de xuño celebraríamos o Match Dominicos - Sigrás.

Xullo a Setembro.
En principio o local permanecerá pechado.
Posiblemente teñamos actividades puntuais. Hai que estar atentos á web ou á lista de correo.
En calquera caso agardamos que AGAX faga un calendario para estes meses.

Outubro.
Aínda que a actividade da Universidade non empeza ata novembro, posiblemente o mesmo día 1 de outubro volvamos a abrir, dependendo de cando se dispute o Virxe do Rosario de Xadrez e de como se organicen os clubes. En calquera caso será necesario empezar a actividade da temporada para ir facendo as fichas federativas.