25/03/10

XX Torneo Universitario. Jorge Mejuto Campión

Con catro xogadores nos primeiros postos da clasificación as opcións estaban abertas para todos eles.

Luis Carlos Martínez - Jorge Mejuto
Partida decisiva, xa que Jorge Mejuto gañou a Luis Carlos, a quen privaba da súa praza para o Campionato de España.

Iago García - Jesús Cantero
Iago García non comparecía o que daba o punto a Jesús.

Pablo Aboy - Francisco Dominguez
Unha vez que Pablo veu o resultado das outras dúas partidas decidiu asegurar a súa clasificación e de paso marchar antes para casa, ofrecendo táboas, o que Fran aceptou para seguir a comer o bocata de chourizo que ambientaba a sala.

Clasificacións Finais.

1º. Jorge Mejuto: 3,5 (7,25)
2º. Jesús Cantero: 3,5 (7)
3º. Pablo Aboy: 3
4º. Luis Carlos Martínez: 2,5
5º. Francisco Dominguez: 2
6º. Iago García: 0,5