09/10/17

ACTIVIDADE NA NORMAL

Esta semana empezan as actividades do curso 2017-2018 na NORMAL, en colaboración coa UDC-SENIOR.

Lembramos que estas son as propostas do horario:

MÉRCORES, na Normal (Espazo de Intervención Cultural da UDC, antiga Maxisterio).
As actividades empezarán o día 11 de outubro.

17,30 - 18,30: Grupo de Iniciación para calquera idade.
Iniciación no xadrez. Libro de traballo (de balde ao alumno): Iniciación ao xadrez.

18,30 - 19,30: Grupo de Iniciación para alumnos da Universidade Senior.
Iniciación no xadrez. Libro de traballo (de balde ao alumno): Problemas sinxelos II.

20,30 - 21,30: Grupo de Adestramento para participantes na Liga Federada.
Libro de traballo (de balde ao alumno): Medioxogo.

Tamén importante é a celebración todos os mércores de 19,30 a 20,30 dun torneo de partidas rápidas.

--- COTAS ---

As cotas seguen mais ou menos como no curso pasado cun pago inicial (10 euros) e unha cota mensual (10 euros) que se pagará trimestralmente.