26/09/15

Guía práctica para o xogador de club

Acaba de publicarse na colección Libros de Peto de de ASENCUDEGA o libro "Guía práctica para o xogador de club", escrito por Santiago Domínguez, xogador do CIDU. Podes adquirir un exemplar nas nosas actividades.

O libro é froito dunha iniciativa da Asociación Galega de Axedrecistas apoiada pola Deputación da Coruña e é un compendio de todos os coñecementos que debería ter un xogador de club medio, pero que, por desgraza, non todos teñen. É un libro de mínimos, algunhas cousas soarannos familiares e outras nos soarán a chinés. Así saberemos onde estamos máis frouxos e onde deberemos mellorar.

O libro está escrito para non ter que usar o taboleiro en ningún momento, polo que se pode ler na cama, na praia, no autobús...Todas as posicións que hai que ter en conta veñen nos diagramas. Ademais unha gran parte do libro son consellos, recomendacións, conceptos, historias, etc. nos que non tes que ter en conta ningunha posición nin ningunha partida.

Aquí podes ver un vídeo de presentación sobre o libro:

video


Pablo Aboy gaña o torneo semanal

Pablo Aboy gañou o torneo semanal do 25 de setembro celebrado no CUR.

A clasificación foi a seguinte:

1 PABLO ABOY
2 LUIS CARLOS MARTINEZ
3 SANTIAGO DOMINGUEZ
4 DANI MAYO
5 ERNESTO PEREZ
6 MANUEL ANDION
7 JOSE MANUEL ANDION
8 ALEJANDRO DE LEON
9 PABLO PENSADO

24/09/15

Ernesto Pérez gaña o torneo semanal

Ernesto Pérez gañou o torneo semanal do día 18 de setembro celebrado no CUR.

A clasificación foi a seguinte:

1 ERNESTO PEREZ
2 SANTIAGO DOMINGUEZ
3 FERNANDO RECAMAN
4 JOSE MANUEL ANDION
5 DANI MAYO
6 LUIS CARLOS MARTINEZ
7 DIEGO MEDIN
8 ADRIAN MARTINEZ
9 MANUEL ANDION
10 PABLO PENSADO

11/09/15

Santiago Domínguez gaña o torneo semanal

O 4 de setembro celebrouse no Sporting Club Casino o torneo semanal, polo peche do CUR. O gañador foi Santiago Domínguez, aínda que os tres primeiros clasificados empataron a puntos.

A clasificación foi a seguinte:

1. Santiago Domínguez
2. Luis Carlo Martínez
3. Ernesto Pérez
4. Florencio González
5. Luís Rodríguez
6. José Manuel Andión
7. Diego Medín
8. Carlos Castedo
9. Manuel Andión

Podes ver a clasificación do elo AGAX aquí.