15/07/15

Recoñecemento á Tabla de Flandes

CIDU e INCUDE agradecen o traballo de Antón Busto á fronte de Tábla de Flandes
 
O pasado sábado o presidente da Asociación de Iniciativas Culturais e Deportivas Universitarias, José Manuel Andión, fixo entrega dun pequeno detalle a Antón Busto, responsable da web Tábla de Flandes, un espazo que serve de referencia para todos os interesados no xadrez, especialmente no galego.
 
O CIDU, cuxa sede se atopa no Centro Universitario de Riazor, o club que máis torneos organiza na Coruña e a súa asociación matriz quixeron desta forma resaltar o traballo que este espazo web realiza en prol do xogo-ciencia.
 
A entrega realizouse en Lugo onde foi o responsable da asociación universitaria coruñesa e tivo oportunidade de facer a entrega a Antón Busto e comentarlle os proxectos que a entidade prepara para o curso 2015-2016.
 

O responsable de Tábla de Flandes trasladou o seu agradecemento a CIDU e INCUDE polo recoñecemento outorgado ao traballo na web.