02/11/11

Escola de Xadrez da Universidade

Finalmente si que haberá Escola de Xadrez da Universidade.
A actividade comezará o vindeiro día 9 de novembro no Pabillón de Deportes da Universidade.
O horario será de 19,30 a 21,30 os mércores.
Como novidade este ano é preciso que os participantes sexan aboados de deportes (25 euros), no caso dos universitarios ou ben paguen unha cota de 40 euros ao ano no caso dos non universitarios.
En vindeiros días colocaremos a información de todo o curso.