10/05/11

Campionato de España Universitario - 5ª Rolda

Tras unha longa noite de festa en Alacante, algúns dos xogadores tiraron proveito dos 15 minutos de cortesía que hai antes de perder a partida por non estar presente. Houbo quen realizou unhas cantas xogadas e voltou a acabar de asearse.En calquera caso o resultado non foi bo. Só 1,5 puntos, logrados pola vioctoria de Tone e as táboas de Aboy. De novo un pequeno 30% de eficacia que alonxa á nosa Universidade dos postos altos da táboa.
Jaime segue na súa liña de chegar ao final con ventaxe e logo non saber que facer con ela. Pablo F. perdeu a súa imbatibilide xogando contra o tres do ranking