03/05/10

Campionato de España Universitario.

A viaxe en furgoneta empezou algo tarde mentras se agardaba a unha das integrantes do equipo (non é necesario dicir nomes) e debido a limitación de velocidade a 100 deste tipo de vehículos pois durou algo mais do esperado, pero sen maiores incidentes que os problemas do conductor coas marchas.
En calquera caso chegouse con tempo de sobra para subir as habitacións e acreditarse, o que fixemos sobre ás 19,30, cando o prazo máximo eran as 20,00. Así que ben.
Os de Santiago e Vigo foron en tren, o que supoñia levantarse mais cedo, tanto que Iria Ares saiu ás oito da mañán da Coruña para xuntarse cos seus compañeiros en Santiago que saían pouco despois das nove.
En calquera caso os de Santiago estaban en Leon pouco despois de que os de Coruña iniciaran a súa viaxe.
O Hotel Conde Luna e onde se xoga o Maxistral de León.