20/02/09

Programación dende o entroido


A partir do venres de entroido a programación das actividades da Escola de Xadrez da Universidade da Coruña serán como seguen:

Os mércores no Pabillón de Deportes Antonio Pazos continuará coas suas charlas, incluindo agora un breve resumo dalgunha apertura que será a que se xogue despois o venres. Aínda que a hora segue sendo de 19,30 a 21,00 se non hai problema é posible que empece media hora antes e finalice tamén media hora antes.

Os venres no Centro Universitario de Riazor teremos as típicas partidas amistosas, resolución de problemas e Torneo Temático. A partir de agora os torneos cando teñan máis de seis participantes serán por sistema suizo a cinco roldas o que evitará as presas de última hora para sacar o coche do aparcadoiro.

Nos torneos cobrarase unha cota de 1 euro e o campión levará unha camiseta dalgunha das actividades levadas a termo por AGAX. Asemade aqueles que participen en cinco probas recibirán unha bolsiña do CIDU.